Invernada de Cine

Página web

Invernada de Cine Da man do cine, do teatro, dos documentais, dos contos… acompáñanos a compartir as tardes de inverno

XIV INVERNADA DE CINEEste próximo sábado, 24 de outubro, inaugúrase una nova edición da invernada coa proxección do docu...
20/10/2026

XIV INVERNADA DE CINE

Este próximo sábado, 24 de outubro, inaugúrase una nova edición da invernada coa proxección do documental “360 curvas”, a historia dunha loita colectiva por non deixarse desaparecer nun mundo rural.

Vémonos na casa-escola en Cabreiros, ás 18:30 hrs. para comezar con esta nova invernada 😄

19/10/2026
17/10/2026

A primeira sesión será o sábado 24 de outubro, ás 18.30 horas, coa proxección de 'Antes de Nós', dirixida por Ángeles Huerta e recoñecida co Premio Mestre Mateo ao guión

XIV INVERNADA DE CINEOutro ano máis a Invernada de cine está de volta 😁👏🏻Queda pouco para darlle comezo a esta edición n...
09/10/2026

XIV INVERNADA DE CINE

Outro ano máis a Invernada de cine está de volta 😁👏🏻

Queda pouco para darlle comezo a esta edición número catorce e coas mesmas ganas e ilusión de sempre, compartirmos o que será o programa deste 2026 🗓️

Cinco tardes de sábados durante o outono e o inverno, para poder xuntarnos e compartir diferentes experiencias darredor do cine, do espectáculo, da cultura e do entretemento 🎥🎞️

Agardamos a vosa compañía e que esta proposta resulte do voso interese, pois o público sodes a peza clave para que isto continúe! Vémonos en Cabreiros 😉

E así foi como esta edición da invernada chegou ao seu fin! Con música e alegría despedímonos ata a próxima, pronto cheg...
22/12/2025

E así foi como esta edición da invernada chegou ao seu fin! Con música e alegría despedímonos ata a próxima, pronto chega o novo ano e con el a ilusión de poder seguir cavilando en proxectos coma este, co cal sentímonos moi agradecid@s de poder contar con vós e que tarde tras tarde desfrutemos na vosa compañía 😄

Mención especial para o noso amigo Jesús Rodríguez Rodríguez que veu cargado co riquísimo pan e queixo de Friol e co mel do Empalme para rematar a tarde cunha gran merenda 😋

Gracias a tod@s por vir a Cabreiros, vémonos axiña 😊

XIII INVERNADA DE CINEMañá sábado 20 de decembro, agardamos por vós para despedir esta invernada e pasar unha gran tarde...
19/12/2025

XIII INVERNADA DE CINE

Mañá sábado 20 de decembro, agardamos por vós para despedir esta invernada e pasar unha gran tarde na compañía de Os Jalochos e “A landra viaxeira e o amigo lambón” 🎶 🎉

Vémonos ás 18:30, na casa-escola en Cabreiros, non faltedes!

XIII INVERNADA DE CINEEste próximo sábado 20 de decembro despedimos a invernada 🥳 Farémolo cun espectáculo de Os Jalocho...
16/12/2025

XIII INVERNADA DE CINE

Este próximo sábado 20 de decembro despedimos a invernada 🥳

Farémolo cun espectáculo de Os Jalochos, para público de 0 a 100 anos, que chegan a Cabreiros coa súa viaxe musical na procura de festa, coa Landra Viaxeira e o Amigo Lambón!

Nen@s e maiores, vide tod@s, imos pasar unha tarde xenial 😎

Vémonos ás 18:30 na casa-escola, en Cabreiros ✔️

Gracias a tod@s por acompañarnos outro sábado máis! Un luxo compartir unha tarde estupenda e seguir aprendendo da nosa m...
15/12/2025

Gracias a tod@s por acompañarnos outro sábado máis! Un luxo compartir unha tarde estupenda e seguir aprendendo da nosa memoria e da nosa historia 😄

XIII INVERNADA DE CINEPresentación do libro “A morte nas fragas” e do documental “Os fíos da memoria” Mañá, sábado 13 de...
12/12/2025

XIII INVERNADA DE CINE

Presentación do libro “A morte nas fragas” e do documental “Os fíos da memoria”

Mañá, sábado 13 de decembro, ás 18:30 na casa-escola en Cabreiros!

XIII INVERNADA DE CINELogo dun pequeno descanso e duns días festivos de desconexión este próximo sábado volvemos a ter t...
09/12/2025

XIII INVERNADA DE CINE

Logo dun pequeno descanso e duns días festivos de desconexión este próximo sábado volvemos a ter tarde de invernada!

Imos coa recta final deste 2025 e tamén desta edición, e para iso contaremos coa presentación do libro “A morte nas fragas” que narra a historia de violencia e resistencia da Galicia rural entre 1936 e 1950. Tamén para completar a presentación proxectarase o documental “Os fíos da memoria”

Agardamos por vós este sábado 13 de decembro ás 18:30, na casa-escola en Cabreiros 😁

Dirección

O Chao, Cabreiros (Xermade)
Cabreiros
27834

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Invernada de Cine publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría