02/11/2025
Bo día Xentiña!
Despois dun día movidiño, o de onte, que xa falaremos de iso, imos desvelar o equipo que formou o xurado profesional de esta 9ª Edición do festival Animacción.
E mañá anunciaremos os premiados e as mencións especiais.
O noso xurado tivo moita guerra, bofetadas, pellizcos en carrillos, capóns, patadas en canillas... pero finalmente chegaron a unha selección para o premio do xurado e as mencións especiais.
Presentamos o xurado profesional:
- Juan Pablo Zaramella (Argentina)
Excelente Director, animador e ilustrador cun forte interese nas ideas e a creatividade. A través dunha ampla exploración da técnica do stop motion, realizou máis de 10 curtos e 2 series de TV, converténdose nun referente do mundo da animación de autor. Nas súas obras podemos destacar, "Luminaris", "Héroes", "Pasajero" ou "El hombre más chiquito del mundo" entre as súas moitas obras multipremiadas. Juan Pablo deleitounos cunha maxistral charla, nesta edición, na Real Academia Galega de Belas Artes.
- Elena López González (A Coruña)
Licenciada en Belas Artes e Comunicación Audiovisual. Docente e artista especializada en animación. Autora do documental Mónica Alonso: construíndo ou descanso gañadora do primeiro premio para artistas noveis no II Certame de Videocreación e Formatos Dixitais de Caixa Galicia.
Elena sempre está actualizándose nas novas técnicas e procesos de animación existente para ensinar os alumnos dun xeito formidable e que saian o mellor preparados posibles ó mundo laboral. Unha docente de vocación e artista de nacemento.
- Jorge Rodríguez "Gorka" (A Coruña)
Gorka é un experimentado model maker coñecido pola súa destreza na creación de maquetas e modelos para diversas producións cinematográficas. Traballou en películas aclamadas como "O Apóstolo" e "Os demos de barro", ambas as nomeadas aos Premios Goya, onde a súa habilidade para modelar e crear detalles e texturas contribuíu significativamente á estética visual destas obras.
Ademáis Gorka traballou en series 2D como "Bibopalula", "O diario de Alice" e ten un Master en "Grease Pencil" en Blender, o que demostra a súa capacidade polifacética para adaptarse as necesidades de todas as produccións. Gorka é un fantástico profesional e por enriba unha mellor persoa.
E velaquí o xurado profesional que tivemos este ano, do que estamos moooooi orgullosos e foi todo un luxo e un pracer que nos axudaran coa selección. GRACIAS ABSOLUTAS POLO VOSO TRABALLO.
de Galicia
da coruña
.space
Guitián
Metropolitano
da Coruña
Anónimas. Asociación de animación
de Imaxe e Son
de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso
Audiovisual de Vigo
Gráfica
Academia Galega de Belas artes
́n