Semana do Cinema Galego

Semana do Cinema Galego A Coruña mostra no Teatro Colón as producións galegas máis destacadas do último ano.

Unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual co apoio do Concello da Coruña e a Deputación da Coruña.

14/04/2026

A VII Semana do Cinema Galego pecha cunha resposta espectacular do público!

Durante catro días, A Coruña converteuse no epicentro do audiovisual galego, con salas completas e unha participación que superou as cifras de edicións anteriores.

✨ Máis de 600 espectadores por xornada no Teatro Colón
✨ Máis de 200 por xornada na Domus

Unha edición que confirma o crecemento da mostra e o interese do público polo noso cinema 😍

Grazas a todas as persoas que o fixestes posible: público, cineastas e equipos 💙

Concello da Coruña

11/04/2026

Alejandro Gándara comparte a súa mirada sobre o momento do audiovisual galego 🎬

Un contexto moi positivo, como se puido ver nos Premios Mestre Mateo, pero no que aínda queda camiño para construír unha industria estable onde se poida vivir con dignidade.

Fala tamén da importancia da transmisión xeracional de valores e desa dignidade colectiva que atravesa moitas das historias que contamos.

E mira ao presente e ao futuro: vén de sacar o documental 'A costa e os castelos', sobre a memoria da Costa da Morte, e ten moitas ganas de ver 'Fomos ficando sós', de Adrián Canoura 👀

Alejandro Gándara presentou '360 curvas', Premio Mestre Mateo a Mellor Documental nunha sala chea! 🎬✨Un filme que nace d...
10/04/2026

Alejandro Gándara presentou '360 curvas', Premio Mestre Mateo a Mellor Documental nunha sala chea! 🎬✨

Un filme que nace da vontade de contar un territorio e todo o que implica vivilo. As 360 curvas que separan A Fonsagrada de Lugo convértense aquí nun símbolo: da distancia, do acceso aos servizos… e do que significa habitar.

Tamén, da loita de todo un pobo por poder quedar.

Moitas grazas por encher todos os pases da Semana do Cinema Galego! 😍

AIGI BOGA Concello da Coruña

10/04/2026

Suso López comparte algúns dos retos e aprendizaxes arredor de ‘O silencio herdado’ 🎬

Fala dos cambios que foi tomando o proxecto polo camiño e do desafío de adaptarse.
E mira xa ao que vén 👀
'Monstro’, a nova película de Andrés Goteira, xa está rematada e comeza agora o seu percorrido por festivais.

Seguimos ✨

Suso López, de Gaita Films, presentou hoxe o documental 'O silencio herdado' ✨Compartiu co público a orixe dun proxecto ...
10/04/2026

Suso López, de Gaita Films, presentou hoxe o documental 'O silencio herdado' ✨

Compartiu co público a orixe dun proxecto moi íntimo, no que Lucía, a directora, xa gravaba á súa avoa moito antes de que esta historia chegase ás pantallas.

Un filme que aborda a memoria histórica desde o intrafamiliar, construído a partir de imaxes de distintas etapas —algunhas de hai xa case 10 anos—.

Máis info 👉 semanadocinemagalego.gal

10/04/2026

Saúl Rivas e Manolo Maseda compartiron onte con nós algo máis ca unha presentación: unha conversa sobre memoria, creación e futuro 🎬

Nos últimos anos, explicaron, a regueifa e a improvisación foron recuperando forza.

Ademais, Saúl contounos que ten pendente de estrea na TVG o formato 'Palmira Lará', xunto a Borja Casal 🎶

E confesaron tamén as súas ganas de ver 'Kiro', o documental de sobre Ana Kiro 👀

Grazas a todas as persoas que estades con nós na ✨

Seguimos!

Saúl Rivas e Manolo Maseda presentaron hoxe o documental 'Ao son da nova regueifa' 🎬Na presentación lembraron que a regu...
10/04/2026

Saúl Rivas e Manolo Maseda presentaron hoxe o documental 'Ao son da nova regueifa' 🎬

Na presentación lembraron que a regueifa é moito máis ca un pan: é baile e é unha disputa dialéctica improvisada en verso. Unha tradición cun potencial enorme que hoxe tamén reivindican.

Sabíades que a idea do documental naceu dun titular que leu Manolo Maseda? 💭

Esperámosvos esta tarde para as últimas proxeccións da !

📆 Do 7 ao 10 de abril
🎟 Entrada de balde ata completar capacidade

Máis info 👉 semanadocinemagalego.gal

VENRES 10  🎬 Último día da  !✨ Pechamos esta edición cunha sesión dobre na Domus arredor da memoria e o territorio.🕖 19....
10/04/2026

VENRES 10

🎬 Último día da !
✨ Pechamos esta edición cunha sesión dobre na Domus arredor da memoria e o territorio.

🕖 19.00 - O silencio herdado, de Lucía Dapena González
🕘 21.00 - 360 curvas, de Alejandro Gándara Porteiro e Ariadna Silva Fernández

📆 Venres 10 de abril
📍 Domus
🎟 Entrada de balde ata completar capacidade

ℹ️ semanadocinemagalego.gal

Concello da Coruña

Javier Trigales presentou hoxe o documental 'Deuses de pedra', nunha Domus a rebentar 🎬😍Grazas a todas as persoas que no...
09/04/2026

Javier Trigales presentou hoxe o documental 'Deuses de pedra', nunha Domus a rebentar 🎬😍

Grazas a todas as persoas que nos estades acompañando estes días nas proxeccións da ✨

Seguimos!

📆 Do 7 ao 10 de abril
🎟 Entrada de balde ata completar capacidade

Máis info 👉 semanadocinemagalego.gal

Concello da Coruña

09/04/2026

Cris Iglesias comparte a súa mirada arredor de 'Antes de nós' 🎬

Fala do compromiso de contar a vida de Castelao desde aquí, e de poñer no centro figuras menos coñecidas como Virxinia.

Reivindica tamén a necesidade de máis audiovisual en galego e de seguir creando personaxes reais: mulleres diversas, de todas as idades, nas que poder recoñecernos.

E mentres, segue creando: do recente 'Clanes' ao seu proxecto de teatro comunitario 'Os marcos movémolos nós' ✨

09/04/2026

Miguel ángel Delgado e Flako Estévez falaron con nós de 'San Simón'... e de moito máis!

Ambos reinvindican a forza das historias que se están a facer aquí e a necesidade de seguir investigando e afondando nos relatos de represión en Galicia.

E deixan ganas do que vén 👀 'Lobo', 'Adeus ríos'…

03/04/2025

▶️ ASÍ FOI A VI SEMANA DO CINEMA GALEGO

💛💛 Seguimos coa ledicia de catro xornadas que estiveron cheas de cinema galego, de creadores e de público compartindo cultura e entretemento. As imaxes falan por si soas.

👋 Vémonos na próxima edición!!

📹 https://manuelsilva.net/

ℹ️ https://semanadocinemagalego.gal/

🤝 Concello da Coruña | Cultura da Deputación da Coruña | Teatro Colón A Coruña
💛 Arquivo da Deputación da Coruña

Dirección

Teatro Colón. Avenida Marina, 7A
La Coruña
15001

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Semana do Cinema Galego publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Semana do Cinema Galego:

Compartir

Categoría