Cinema a Pedal

Cinema a Pedal Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Cinema a Pedal, Esteiro da Foz (P. º Torrente Ballester, 56), Nigrán.

CURTAS BLOQUE 2: RESISTENCIAS 📽️✨🚲Resistencias reúne Peregrina de inverno, realizada pola asociación DisCamino (cuxo imp...
09/09/2026

CURTAS BLOQUE 2: RESISTENCIAS 📽️✨🚲

Resistencias reúne Peregrina de inverno, realizada pola asociación DisCamino (cuxo imprescindible labor, se aínda non coñecedes, xa estades tardando en descubrir), e a produción nepalí "The Women of Two Cities".

Dúas historias necesarias, reivindicativas e motivadoras que, desde contextos moi diferentes, falan de autonomía, perseveranza e capacidade para decidir sobre a propia vida. A bicicleta convértese aquí nun camiño cara á liberdade e á superación de barreiras.

Imperdibles! 💛

📅 Mércores 16 de setembro, ás 17 h
📍 Cines Municipais da Ramallosa · Concello de Nigrán
🎟️ De balde até completar capacidade

Festival Cinema a Pedal é posible grazas ao apoio de ✨ Concello de Nigrán ✨

E conta coa colaboración de ✨ Cine ICAA ✨ Deputación Pontevedra ✨ ✨ kinemaland ✨ Frutas Nieves ✨ paraísos de papel ✨ Vanetta® | Productos plant-based ✨ La Pedalería ✨ Decathlon España ✨ Calabizo® ✨ Asante Sana ✨ Rollito Vegano ✨ 𝐋𝐀 𝐂𝐀𝐑𝐋𝐄𝐓𝐀 | 𝐐𝐔𝐄𝐒'𝐄𝐒𝐎 ✨

09/09/2026

— Miss Marta, como o fas?
— Abonda con pedalear.

Só este diálogo podería resumir toda a filosofía de . Pero, se ademais forma parte da última película de .coixet, que proxectaremos o venres 18 de setembro ás 22 h, convértese nunha cita imprescindible 💛

Baseada na novela "Tre ciotole", de Michela Murgia, "Tres adioses" formou parte da Sección Oficial da pasada Seminci e é, sinxelamente, unha beleza.

Agardámosvos!

📅 Venres 18 de setembro, ás 22 h
📍 Cines Municipais da Ramallosa ·
💬 Versión orixinal italiana subtitulada en castelán
🎟️ De balde ata completar capacidade

Cinema a Pedal é posible grazas ao apoio de ✨ ✨

E conta coa colaboración de ✨ ✨ ✨ ✨ kinemaland ✨ ✨ ✨ ✨ ✨ ✨ ✨ ✨ ✨ ✨

CURTAS · BLOQUE 1: CAMIÑOS SECUNDARIOS 📽️✨🚲Quen facemos Festival Cinema a Pedal entendemos a bicicleta como un medio de ...
08/09/2026

CURTAS · BLOQUE 1: CAMIÑOS SECUNDARIOS 📽️✨🚲

Quen facemos Festival Cinema a Pedal entendemos a bicicleta como un medio de transporte saudable e ecolóxico, pero tamén como terapia, divertimento e mesmo como ferramenta de transformación social. E pensamos: que mellor xeito de normalizar a bicicleta que amosándoa?

En Camiños secundarios, "Teatro rodante", de Contrapicado Films; "Última entrega", de e Jesús Rodríguez; e a curtametraxe galega "Historia dunha bicicleta (sen aire nas rodas e chea de po)", de , exploran outros xeitos de percorrer e habitar o territorio.

A bicicleta convértese aquí nun vehículo para achegar a creación teatral ás comunidades, nunha ferramenta de traballo nunha contorna dominada polo algoritmo e nun obxecto ligado á liberdade e á necesidade de volver poñerse en movemento.

Non volas perdades! 💛

📅 Mércores 16 de setembro, ás 19 h
📍 Cines Municipais da Ramallosa · Concello de Nigrán
🎟️ De balde até completar capacidade

Xa está aquí o programa da etapa en sala da quinta edición de Cinema a Pedal! 📽️✨🚲Do 16 ao 20 de setembro, os Cines Muni...
06/09/2026

Xa está aquí o programa da etapa en sala da quinta edición de Cinema a Pedal! 📽️✨🚲

Do 16 ao 20 de setembro, os Cines Municipais da Ramallosa acollerán unha selección internacional de ficción e documental na que a bicicleta nos leva por historias de resistencia, liberdade, solidariedade e transformación. Longametraxes, catro bloques de curtas, programación infantil e actividades para compartir, conversar e seguir abrindo camiños.

Estudade ben o programa e ide escollendo as vosas sesións 💛

Todas as actividades e proxeccións son de balde ata completar capacidade. O obradoiro para a cativada Paper cinético, tamén de balde, require inscrición previa en [email protected]. Pedaleamos por Mauri funcionará mediante taquilla inversa, con achega voluntaria.

Ademais, nos encontros Bicis solidarias e Pedaladas libres, na presentación de Señoras en bicicleta na libraría paraísos de papel e na clausura do festival haberá tamén un petisco ✨

📍 Cines Municipais da Ramallosa, Nigrán
📍 Libraría Paraísos de Papel
📅 Do 16 ao 20 de setembro

Vémonos no cine!

Cinema a Pedal é posible grazas ao apoio de ✨ Concello de Nigrán ✨

E conta coa colaboración de ✨ Cine ICAA ✨ Deputación Pontevedra ✨ ✨ Frutas Nieves ✨ paraísos de papel ✨ Vanetta® | Productos plant-based ✨ La Pedalería ✨ Decathlon España ✨ Calabizo® ✨ Asante Sana ✨

Dentro dun mes, Cinema a Pedal volve poñerse en marcha. E esta vez, con algo moi especial: por vez primeira, teremos sec...
16/08/2026

Dentro dun mes, Cinema a Pedal volve poñerse en marcha. E esta vez, con algo moi especial: por vez primeira, teremos sección competitiva 📽️✨🚲

Grazas ao Concello de Nigrán, unha selección de curtametraxes e longametraxes chegará á pantalla para ser valorada por un xurado e, tamén, polo público. Porque nesta edición haberá Premios do Público, tamén na sección de curtas infantís 💛

Na sala, as bicicletas xa non xerarán a enerxía das proxeccións, pero seguirán sendo o fío condutor dun festival que as reivindica como o mellor medio de transporte para desprazamentos curtos, como símbolo de gozo e liberdade, e como forma de entender o mundo 🚲

📅 Do 16 ao 20 de setembro
📍 Cines Municipais da Ramallosa · Centro Comercial Siglo XXI
🎟️ Entrada libre até completar capacidade

📷 Paula Cermeño

✨ Concello de Nigrán ✨ Cine ICAA ✨ Deputación Pontevedra ✨ ✨

Sen pedaleo non hai película… e agora tampouco sen competición internacional 🎥✨🚲Ciclosfera faise eco do salto que dará C...
12/08/2026

Sen pedaleo non hai película… e agora tampouco sen competición internacional 🎥✨🚲

Ciclosfera faise eco do salto que dará Cinema a Pedal nesta quinta edición: do cinema impulsado por bicicletas á estrea da nosa primeira sección competitiva internacional, que terá lugar do 16 ao 20 de setembro nos Cines Municipais da Ramallosa do Concello De Nigrán.

Un paso importante para seguir medrando sen perder a nosa esencia: cinema, mobilidade sostible e participación cidadá.

As fotos do artigo son de Paula Cermeño 💛

👉 https://ciclosfera.com/a/cinema-a-pedal-cine-a-pedales-competicion-internacional](https://ciclosfera.com/a/cinema-a-pedal-cine-a-pedales-competicion-internacional

Para proxectos pequenos coma o noso (e para a vida, en xeral) tecer redes é básico e fundamental 💛 Por iso estamos espec...
11/08/2026

Para proxectos pequenos coma o noso (e para a vida, en xeral) tecer redes é básico e fundamental 💛

Por iso estamos especialmente felices de que a nosa rede de colaboracións vaia medrando cada ano. Nesta quinta edición de Festival Cinema a Pedal, varios proxectos do Concello de Nigrán e a súa contorna sumáronse achegando agasallos para os sorteos que fixemos ao remate das sesións, e non podemos estar máis agradecidas por telo feito posible.

Aquí van unhas fotos da recrack Paula Cermeño, coa selección de agasallos que repartimos este ano.

✨ Frutas Nieves ✨ paraísos de papel ✨ Vanetta® | Productos plant-based ✨ La Pedalería ✨ Decathlon España ✨ Calabizo® ✨ Asante Sana ✨

Moitísimas grazas a todas elas por sumarse a esta quinta edición, por apoiar a cultura feita desde aquí e por axudarnos a seguir demostrando que outro xeito de ver (e de vivir) o cinema é posible 📽️✨🚲

Coas proxeccións de "Beauty" e "Estrany riu" despedimos a etapa ao aire libre de Cinema a Pedal 2026: dúas noites inesqu...
09/08/2026

Coas proxeccións de "Beauty" e "Estrany riu" despedimos a etapa ao aire libre de Cinema a Pedal 2026: dúas noites inesquecibles de cinema baixo as estrelas alimentado coa enerxía das vosas pedaladas 📽️✨🚲

A proxección de "Beauty" converteuse nun dos momentos máis emocionantes desta edición. Contamos coa presenza do rider colombiano de BMX Julián Molina (Julián Molina BMX), de Dan Butler (Dan Butler) e do produtor e guionista Fran López de Café Films. Tamén nos acompañaron outros protagonistas da curta, facendo da sesión un encontro moi especial, divertido e cheo de emoción ✨

Pero atentas, porque isto non remata aquí‼️

📅 Do 16 ao 20 de setembro volvemos aos Cines Municipais da Ramallosa, coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade, para celebrar a fase competitiva de Cinema a Pedal.

🎞️ Máis de 20 curtas e longametraxes competirán por 3.000 € en premios, cos galardóns oficiais outorgados por un xurado internacional e tamén cos premios do público. Así que seguimos precisando a vosa enerxía. Agora xa non para pedalear, senón para encher as salas, descubrir novo cinema e decidir co voso voto quen levará os premios do público.

Grazas por acompañarnos nesta primeira etapa. Vémonos en setembro!! 🙌🏻

📷 Paula Cermeño (marabilla, Paula, grazas!)

✨ Concello de Nigrán ✨ Cine ICAA ✨ Deputación Pontevedra ✨ ✨

Unha pequena mostra do que foi Festival Cinema a Pedal este sábado 8 de agosto antes de comezaren as proxeccións 🚲🌙✨ Obr...
09/08/2026

Unha pequena mostra do que foi Festival Cinema a Pedal este sábado 8 de agosto antes de comezaren as proxeccións 🚲🌙

✨ Obradoiro de pequenas reparacións de bicicleta con Olivier Dekeghel
✨ Espazo de reparación e intercambio de roupa con Amigas da Terra
✨ Xogos tradicionais de .gal
✨ Recuncho gastronómico con CAPITÁN FILLOA, cervezasbanda, TRENGA 🌱 Pastelaria Plant Based e Los girasoles
✨ Mercado de artesás con Angela / Fitoterapia y hábitos🌿, Martiu/ Riñoneras/Bolsos/ Mochilas/ African wax, Loli Méndez, KAKUUNA Artesanal e

E, sobre todo, moita enerxía humana para pedalear e facer posible o cinema baixo as estrelas 😍

Grazas a todas!! 💛

📷 Paula Cermeño

✨ Concello de Nigrán ✨ Cine ICAA ✨ Deputación Pontevedra ✨ ✨

Agardamos que tiverades un estupendo Día do Traballo ✊🏻En  tamén queremos poñer en valor o traballo que hai detrás de ca...
01/05/2026

Agardamos que tiverades un estupendo Día do Traballo ✊🏻

En tamén queremos poñer en valor o traballo que hai detrás de cada película, e por iso ofrecemos 3.500 € en premios 🎬

Entramos no último mes de convocatoria 🚲

📅 Peche: 31 de maio

🎬 Estamos a recibir películas marabillosas de moitas partes do mundo… pero aínda faltan voces.

Se tes unha película na que a bicicleta ten un papel relevante, este é o teu momento.

📩 Bases, seccións e inscricións na web 👉🏻 cinemaapedal.gal

✨ ✨ ✨

ES / EN en comentarios.

Dirección

Esteiro Da Foz (P. º Torrente Ballester, 56)
Nigrán
36370

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cinema a Pedal publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir