23/04/2019
Mañá é a última sesión do Odessa Filmclub do curso 2018/2019!
Grietas é unha longametraxe documental producida por Mediapro para o 40 aniversario de Amnistía Internacional en España.
Conta cinco historias unidas por un elemento común: son rachaduras nos dereitos humanos que persoas correntes tratan de reparar co seu impulso, determinación e escasos recursos.
Agardámosvos no plató de cine da FCSC ás 17:00. Non faltedes! 😄📽️💕