Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra “Que non pare a musica!” Do 6 ao 22 de marzo de 2026 no Pazo da Cultura de Pontevedra
País convidado: Palestina

Esta semana A Cova dos Libros Fantásticos recibiu a visita do alumnado de 2º curso de Educación Primaria, da asignatura ...
09/05/2026

Esta semana A Cova dos Libros Fantásticos recibiu a visita do alumnado de 2º curso de Educación Primaria, da asignatura de Didáctica das Artes Plásticas e Visuais, que coñeceron e g***ron dos numerosos recursos que aquí temos para fomentar a lectura entre o público máis cativo 😊

Este sábado 2 de maio a Cova dos Libros Fantásticos permanerá pechada. Retomará a súa actividade o vindeiro martes 5 de ...
30/04/2026

Este sábado 2 de maio a Cova dos Libros Fantásticos permanerá pechada. Retomará a súa actividade o vindeiro martes 5 de maio. Moitas grazas!

Hoxe é o Día do Libro e desde o Salón quixemos celebralo dun xeito moi especial, convidado aos nosos amigos e amigas da ...
23/04/2026

Hoxe é o Día do Libro e desde o Salón quixemos celebralo dun xeito moi especial, convidado aos nosos amigos e amigas da Rede PEA de Escolas Asociadas da UNESCO a compartir músicas e lecturas dos seus lugares de orixe. Se tedes curiosidade e queredes ver as cousas tan marabillosas que fixeron para nós, podedes visitar a nosa canle de YouTube e a lista de reprodución desta celebración FELIZ DÍA DO LIBRO A TODOS E TODAS!

Este 23 de de abril de 2026 decidimos celebralo duna maneira ben especial. Recibindo as recomendacións lectoras (e musicais) dos nosos amigos e amigas da PEA...

28/03/2026

Grazas aos nosos amigos de tivemos este ano unhas frautas de cana ben exitosas coas que fixemos moitas festa. Canto nos prestou inventar melodías e xogos! E xa que temos unha semana de vacacións podemos aproveitar para botar un 👁️ á web moitoporler.gal e descubrir novas lecturas en galego coas que g***r nestes días de lecer. 📖 📕 📚

Os traballos escolares son unha das exposicións 🖼️ máis importantes do Salón. Ano tras ano, alumnado de todas as idades ...
27/03/2026

Os traballos escolares son unha das exposicións 🖼️ máis importantes do Salón. Ano tras ano, alumnado de todas as idades dirixido por un profesorado implicado e cunha chea de ideas fantásticas, elabora pezas de diferente natureza relacionadas coa temática. Nesta ocasión, coa música 🎶como protagonista, recibimos gramófonos, tocadiscos 📻, diferentes instrumentos🎻🪗🎷, videos musicais e ata capas de discos 💿 famosos protagonizados pola rapazada 🤩! Deixamos aquí unha recopilación ben xeitosa como recoñecemento á sua colaboración.
Moitas grazas!!!

26/03/2026

Rematou o Salón (por este ano!) pero segue a haber uha chea de iniciativas lectoras na nosa cidade. Como a de LER (en) PONTEVEDRA, encontros lectores arredor da nosa cidade e os seus autores e autoras. Deixamos un petisco do encontro con Sara Vila a partir da súa obra “O incendio” (Xerais) na Libraría Paz. Xa o di a cantiga, Pontevedra é Boa Vila, dá de ler a quen pasa!

23/03/2026
Rematamos o Salón por todo o alto con Uxía Lambona e a Banda Molona 🎸, bailando, cantando, berrando e saltando. Que ben ...
22/03/2026

Rematamos o Salón por todo o alto con Uxía Lambona e a Banda Molona 🎸, bailando, cantando, berrando e saltando. Que ben o pasamos!! Ninguén coma eles para mesturar tradición galega co ska, rock, reggae, rap e cumbia: “Esto báilase así”, “E pousa pousa”, “A Carolina”, “Catro vellos mariñeiros”. A mellor despedida para o Salón da música!! 🤘🏻

Dirección

Alexandre Bóveda
Pontevedra
36005

Teléfono

986833061

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra:

Compartir