A outra mirada: Cinema e Muller

A outra mirada: Cinema e Muller Xornadas de cinema e muller organizadas no mes de marzo dende 2017 en Compostela e adicadas a visibi

Hoxe despedímonos dunha das mulleres máis importantes da historia do cinema. A avoa da Nouvelle Vague. Agnès Varda. Con ...
29/03/2019

Hoxe despedímonos dunha das mulleres máis importantes da historia do cinema. A avoa da Nouvelle Vague. Agnès Varda. Con moita dor e moito cariño, queremos dedicarlle estas palabras de admiración pola súa inigualable maneira de mirar a través da cámara. Levarémoste na nosa memoria. 💔🌹

Non temos palabras tras a acollida de onte. Moitas grazas a Ariadna Cordal García,  Noemi Parga Iglesias,  Iglesias, Ada...
21/03/2019

Non temos palabras tras a acollida de onte. Moitas grazas a Ariadna Cordal García, Noemi Parga Iglesias, Iglesias, Ada Seoane Alló, Noelia M. Muiño, Arancha Brandón, Lucía Estévez, Marta Valverde e Aldara Pagán.
Grazas ao Cineclube de Compostela, a Gentalha Do Pichel e a todas as que durante este mes acollestes tan ben esta programación.

💜💜💜

Vémonos o ano que vén!

Dende Balea Cultural falan da sesión de hoxe, onde diversas curtametraxes realizadas por varias das directoras galegas m...
20/03/2019

Dende Balea Cultural falan da sesión de hoxe, onde diversas curtametraxes realizadas por varias das directoras galegas más importantes da noxa xeración serán proxectadas como o punto final desta edición.

Na Gentalha Do Pichel, ás 21:30h coma sempre, e coas compañeiras do Cineclube de Compostela que ademáis están de aniversario! 🎂🎂🎂 18 aniños 🎂🎂🎂

Hoxe celébrase en Compostela a última sesión do ciclo A Outra Mirada que estará composta por oito curtametraxes dirixidas por novas creadoras galegas.

BOS DÍAS! Despois da sesión do venres con Bárbara Santos, este mércores volvemos cunha das sesións máis especiais, as no...
19/03/2019

BOS DÍAS!

Despois da sesión do venres con Bárbara Santos, este mércores volvemos cunha das sesións máis especiais, as novas creadoras galegas que o están petando ⚡️⚡️

Ás 21:30h, na Gentalha do Pichel, coma sempre, poderemos ver as obras:

🔴Estela (Ariadna Cordal García, Galiza, 2017, 3', VO)
🔴Muller personaxe (Lucía Estévez, Galiza, 2018,9', VO)
🔴O que precede a caída é branco (Aldara Pagán, Galiza, 2018, 8', VO)
🔴The Widow (Noelia M. Muiño, Galiza, 2018, 8', VO)
🔴A Typical Morning (Arancha Brandón, Galiza, 2018, 7', VO)
🔴Metralla (Noemi Parga Iglesias, Galiza, 2017, 17', VO)
🔴Os Remedios (Sara Iglesias / Ada Seoane Alló / Laura LaMontagne / Patricia López / David Rodriguez, Galiza, 2018, 3', VO)

Vémonos mañá coas compañeiras do Cineclube de Compostela!!

Seguimos coa programación! 🎬🎬 Este venres 15 de marzo ás 18:00h teremos na Gentalha Do Pichel un seminario impartido por...
15/03/2019

Seguimos coa programación! 🎬🎬 Este venres 15 de marzo ás 18:00h teremos na Gentalha Do Pichel un seminario impartido por Bárbara Santos arredor da obra de Agnès Varda con motivo da súa retirada do mundo do cinema 🚀🚀

Vinde pasar a tarde con nós e coas compañeiras do Cineclube de Compostela a charlar sobre cinema!

Primeira muller  afroamericana en dirixir unha longametraxe e referente da identidade visual dos videoclips do álbum Lem...
12/03/2019

Primeira muller afroamericana en dirixir unha longametraxe e referente da identidade visual dos videoclips do álbum Lemonade de Beyoncé, Julie Dash coa súa película "Fillas do po" (1991) será a próxima proxección das xornadas ⚡️⚡️

Vémonos mañá ás 21:30h na Gentalha Do Pichel de novo da man do Cineclube de Compostela 🎬

Bos días! Recordade que esta semana temos dobre sesión 🎬🎬 Se onte reflexionamos con Laura  Mulvey e Peter  Wollen, hoxe ...
07/03/2019

Bos días!
Recordade que esta semana temos dobre sesión 🎬🎬
Se onte reflexionamos con Laura Mulvey e Peter Wollen, hoxe mergullámonos nunha das películas máis peculiares de Chantal Akerman "Golden Eighties" (1986), un musical onde o desexo guía unha trama frenética chea de encontros e desencontros.

Esperámosvos ás 21:30 H na Gentalha Do Pichel coas compañeiras do Cineclube de Compostela

Comezamos o mércores 6 de marzo ás 21:30 coa película da teórica feminista Laura Mulvey e Peter Wollen "Enigmas da esfin...
04/03/2019

Comezamos o mércores 6 de marzo ás 21:30 coa película da teórica feminista Laura Mulvey e Peter Wollen "Enigmas da esfinxe" - (Riddles of the sphynx, 1977).
A película dialoga coas reivindicacións da segunda ola do feminismo empregando textos dos propios autores.

Vémonos nuns días na Gentalha Do Pichel coas compañeiras do Cineclube de Compostela ! 🎬

E AQUÍ ESTÁ A PROGRAMACIÓN DAS XORNADAS DE CINEMA E MULLER DE 2019!Este ano colaboramos co Cineclube de Compostela , ond...
01/03/2019

E AQUÍ ESTÁ A PROGRAMACIÓN DAS XORNADAS DE CINEMA E MULLER DE 2019!

Este ano colaboramos co Cineclube de Compostela , onde encadraremos as actividades que temos preparadas para este intenso mes de marzo.

Agardámosvos! 🎥 ⭐️

Aquí tedes a nosa programación para marzo, en colaboración con A outra mirada: Cinema e Muller!

Durante todo o mes, acollemos a 3ª edición das xornadas 'A Outra Mirada', que buscan visibilizar a obra de mulleres cineastas.

▶ Veremos filmes de directoras clave na historia do cinema, como Chantal Akerman, Laura Mulvey ou Julie Dash.

▶ Dedicaremos unha sesión a curtametraxes recentes de cineastas galegas como Arancha Brandón, Noelia Muíño, Aldara Pagán, Lucía Estévez, Noemi Parga, Ariadna Cordal, Marta Valverde, Sara Iglesias, Ada Seoane Alló, Laura LaMontagne, Patricia López e David Rodriguez.

▶ Teremos tamén un seminario impartido por Bárbara Santos arredor da obra de Agnès Varda.

Todo na Gentalha Do Pichel. Atendede ben ao calendario e anotade as datas, porque non só haberá sesión os mércores!

[Cartaz de Edí Oca]

📣 Na derradeira semana do mes non proxectamos no Pichel porque participamos na Mostra de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego 📣

No ano 2017 comezamos a andar e compañeiras coma Alicia Tizón Núñez e Isaac Rivadulla Matalobos botáronnos unha man reco...
28/02/2019

No ano 2017 comezamos a andar e compañeiras coma Alicia Tizón Núñez e Isaac Rivadulla Matalobos botáronnos unha man recollendo todo o que vivimos e as reflexións das directoras arredor do papel da muller dentro e fóra do cinema.

Este ano saímos da casa e entramos na Gentalha Do Pichel da man do Cineclube de Compostela con moita ilusión e moitas novas.

Olaia Sendon uqui Diana Toucedo Andrea Zapata-Girau

Tolerancia cero, hoxe e sempre
25/11/2018

Tolerancia cero, hoxe e sempre

Lembrade que hoxe ás 11h continuamos, no Auditorio da facultade, co segundo seminario das xornadas! Esta vez será da man...
14/03/2018

Lembrade que hoxe ás 11h continuamos, no Auditorio da facultade, co segundo seminario das xornadas! Esta vez será da man da guionista Araceli Gonda.

Aproveitamos tamén para agradecer enormemente ás invitadas que foron protagonistas a semana pasada: Sara Donoso, Xisela Franco e Carla Andrade. Sempre é un pracer contar con xente tan amable e disposta a facer isto posible 💜

Dirección

Santiago De Compostela

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A outra mirada: Cinema e Muller publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a A outra mirada: Cinema e Muller:

Compartir

Categoría