Vida Láctea

Vida Láctea Somos unha empresa de tempo libre que leva 21 anos xa traballando a carón da mocidade, o emprendemento e a creatividade.

⚠️ Importante: por favor, NON enviedes o CV se non cumprides coa experiencia requirida para o posto.Neste caso precisamo...
23/05/2026

⚠️ Importante: por favor, NON enviedes o CV se non cumprides coa experiencia requirida para o posto.

Neste caso precisamos incorporar un rapaz, xa que o equipo actual é integramente feminino e, por motivos de organización interna, búscase equilibrar a composición do equipo.

Grazas pola comprensión e por compartir 😊

Por baixa recente dun monitor precisamos cubrir a praza cun MONITOR CON EXPERIENCIA EN TECNOLOXÍAdo 11-18 e do 21 - 28 d...
20/05/2026

Por baixa recente dun monitor precisamos cubrir a praza cun MONITOR CON EXPERIENCIA EN TECNOLOXÍA
do 11-18 e do 21 - 28 de agosto nun Campamento da Xunta en Lugo.

Por baixa recente dun  monitor do equipo de Palas de Rei OFERTA de praza de monitor 𝐜𝐨𝐧 𝐞𝐱𝐩𝐞𝐫𝐢𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐨𝐟𝐢𝐜𝐢𝐚𝐥 𝐞 𝐝𝐞𝐦𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚𝐛𝐥...
20/05/2026

Por baixa recente dun monitor do equipo de Palas de Rei OFERTA de praza de monitor 𝐜𝐨𝐧 𝐞𝐱𝐩𝐞𝐫𝐢𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐨𝐟𝐢𝐜𝐢𝐚𝐥 𝐞 𝐝𝐞𝐦𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚𝐛𝐥𝐞 𝐞𝐧 𝐜𝐚𝐦𝐩𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐩𝐞𝐫𝐧𝐨𝐜𝐭𝐚 𝐧𝐚 𝐧𝐚𝐭𝐮𝐫𝐞𝐳𝐚.
Envía cv a [email protected]

🚀 Esta semana, a nosa mocidade de Atlic gozou dun novo Mini-Lab sobre creación de empresas organizado xunto co noso soci...
17/05/2026

🚀 Esta semana, a nosa mocidade de Atlic gozou dun novo Mini-Lab sobre creación de empresas organizado xunto co noso socio Vida Láctea SLU.

A actividade, titulada “Socorro! Vou Crear unha Empresa”, foi impartida por Pablo Pereira, de Asesoría Arpe, achegando ao grupo unha visión práctica e realista do mundo do emprendemento. 💡📈

Durante o Mini-Lab, as persoas participantes puideron coñecer:

✅ Os primeiros pasos para crear unha empresa
✅ Aspectos básicos de fiscalidade e xestión
✅ Erros frecuentes ao emprender
✅ Ferramentas e consellos útiles para a mocidade emprendedora
✅ Experiencias reais vinculadas ao desenvolvemento de proxectos

Foi unha xornada dinámica e participativa que permitiu á nosa mocidade perder o medo a emprender, resolver dúbidas e descubrir novas oportunidades para desenvolver as súas propias iniciativas. 🙌🌱

Seguimos impulsando espazos de aprendizaxe, innovación e emprendemento xuvenil no rural. ✨

ATLIC é un proxecto cofinanciado por Interreg Atlantic Area

17/05/2026
🌊🚣‍♂️ ESTE FIN DE SEMANA EN VIDA LÁCTEA 💙✨ Un campión de España e de Europa traballando coa mocidade: Rubén Paz 🏆🥇No mar...
16/05/2026

🌊🚣‍♂️ ESTE FIN DE SEMANA EN VIDA LÁCTEA 💙

✨ Un campión de España e de Europa traballando coa mocidade: Rubén Paz 🏆🥇

No marco do proxecto europeo Atlantic Innoblue Communities (ATLIC), Vida Láctea acolle un Mini Lab de seguridade marítima e kayak 🛟🌊 no que participan 32 mozos e mozas de diferentes territorios atlánticos 🌍

A formación está a ser impartida por Rubén Paz 🚣‍♂️, 5 veces campión de España e campión de Europa, quen comparte a súa experiencia deportiva e profesional en módulos prácticos de seguridade marítima e actividades náuticas ⚓

Unha fin de semana de aprendizaxe, mar, deporte e convivencia 🌅✨

💫

🌱 VIDA LACTEA comeza o proxecto LIRES de desenvolvemento rural coa xuventude!Arrincamos esta nova aventura xunto a parce...
13/05/2026

🌱 VIDA LACTEA comeza o proxecto LIRES de desenvolvemento rural coa xuventude!

Arrincamos esta nova aventura xunto a parceiros comprometidos co emprendemento, a innovación e o futuro do rural como Cámara de Comercio de Santiago, TecMinho, Campus Terra, CIM do Ave, Xunta de Galicia e UTAD. 💡🤝

Durante os próximos dous anos desenvolveremos actividades de formación, bootcamps, conexión con investidores, mentorías e espazos de creación colaborativa para apoiar ás persoas mozas con ideas e iniciativas no territorio rural. 🚀🌍

Grazas a todas as entidades e persoas implicadas por facer posible este camiño compartido cara a un rural máis vivo, innovador e conectado. 💚

LIRES é un proxecto cofinanciado por Interreg Poctep

🇪🇺🌊 O pasado venres, o proxecto ATLIC participou no evento Europe Day | World Café: Young Voices for the Atlantic celebr...
10/05/2026

🇪🇺🌊 O pasado venres, o proxecto ATLIC participou no evento Europe Day | World Café: Young Voices for the Atlantic celebrado no Porto, coa participación de 5 mozos e mozas de Vida Láctea, entidade socia do proxecto ATLIC.

Foi unha experiencia moi enriquecedora promovida polo Programa Interreg Atlantic Area e UPTEC, centrada en dar voz á mocidade atlántica e construír conxuntamente o futuro das rexións atlánticas de Europa. 🤝✨

O evento, organizado por Interreg Atlantic Area, tamén serviu como espazo para reflexionar sobre emprendemento, innovación, sustentabilidade e o papel da mocidade no desenvolvemento dos territorios atlánticos.

Seguimos traballando para garantir que a mocidade rural e atlántica teña oportunidades reais de participación, aprendizaxe e conexión internacional. 🚀

🌞🏕️ Xa está aquí o verán! 🏕️🌞NO Campa de Verán do Lug Dous YOUTH Hostel temos todo listo para vivir unha experiencia ine...
05/05/2026

🌞🏕️ Xa está aquí o verán! 🏕️🌞NO Campa de Verán do Lug Dous YOUTH Hostel temos todo listo para vivir unha experiencia inesquecible chea de aventuras, natureza e moita diversión 🌿✨

👧🧒 Un servizo de conciliación pensado para as familias de Lugo durante as vacacións de verán, con días repletos de xogos, actividades ao aire libre, creatividade, deporte e novas amizades 🎨⚽🌊

📅 Dende o 22 de xuño ata o inicio do curso escolar

📌 Inscricións abertas na nosa web:👉 www.campamentosdegalicia.gal

Non quedes sen a túa praza! 🚀

🌞 😍

Dirección

RÚA PINTOR CORREDOIRA, 4
Santiago De Compostela
27002

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Vida Láctea publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir